Marlou emigra…

Abril 1st, 2018

Este blog naceu o 24 de abril de 2009, en BLOGALIZA; pero o 25 de abril de 2018 esta Zona Temporalmente Autónoma desaparece na neboa e BLOGALIZA pecha as súas portas.

En consecuencia, MARLOU, como tant@s galeg@s, emigrou aquí.

https://marlougalega.wordpress.com/

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Despois de 12 anos, Blogaliza bota o peche. GRAZAS!

Abril 1st, 2018

Novas de blogaliza: botamos o peche

Nestes ultimos 12 anos blogaliza foi unha illa na rede, un espazo para a lingua, para a expresión e para o intercambio. Pasou por moitas etapas, dende a hospedaxe nun servidor cedido pola Asociación AGNIX e a conectividade e o aloxamento físico no Cesga, ata o soporte empresarial de Algueirada.

Nos últimos tempos blogaliza fixo moito por voltar ás orixes: ao mantemento exclusivo por parte do seu titular. Pero os cambios no marco lexislativo que, nos proximos meses se van producir no noso contexto mudan sustancialmente as implicacións de manter un espazo como blogaliza, polo que xa non podemos seguir adiante.

Afogamos, levados tamen polo cambio de escenario no que  significan as comunicación entre persoas en internet, e o que representan os blogues, hoxe. A Rede non é a mesma de hai 12 anos, e o sentido que daquela tiña blogaliza, hoxe os feitos case o deixan sen significado: só mantemos 80 blogues vivos. Moitos que madureceron neste alcouve deixaron blogaliza para mudar a outros hostings, e moitos máis morreron por inactividade.

Se nos últimos anos tentamos alixeirar o sistema, reducindo o spam, convertindo os blogues mortos en páxinas estaticas, agora o cambio normativo fai imposible seguir adiante.

A conclusión, en metáforas é sinxela: o rizoma volta á escuridade, a Zona Temporalmente Autónoma desaparece na neboa e blogaliza pecha as suas portas.

En feitos significa que o próximo día 25 de abril pechamos o sistema.

Neste mes que resta podes recoller as tuas cousas e migralas a outros hostings de wordpress. O proceso é sinxelo, como sempre foi (no menú Ferramentas, opción Exportar), e permitirache seguir a andaina do teu blog en terras máis propicias.

Foron moitos esforzos, moitas ledicias e unha enchente de amizade e vida.

Foi un placer.

Ate sempre.

Pedro Silva

Chuzame! A Facebook A Twitter

NO IES FÉLIX MURIEL, NOSOUTRAS PARAMOS!

Marzo 8th, 2018
[caption id="" align="alignnone" width="489"] Se as mulleres paramos, o mundo para![/caption]

Para cantar: Verdegaio Lilá

Chuzame! A Facebook A Twitter

24 de Febreiro, Día de Rosalía

Febreiro 24th, 2018

No Félix Muriel, Abrimos as fiestras, fixemos o Caldo de gloria e retratámonos no Foto Col coa nosa Rosalía. E aínda nos quedou tempo para ir pola tarde a recitar, no acto de homenaxe do concello, os poemas da nosa máis grande escritora.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Abrimos a fiestra a Rosalía

Febreiro 22nd, 2018

Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades, a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.

Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!

E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.

María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

#AbrideAFiestra

FONTE: AELG

Chuzame! A Facebook A Twitter

Rianxo medra, cando falas!

Febreiro 21st, 2018

Chuzame! A Facebook A Twitter

21 de Febreiro, Día da Lingua Nai

Febreiro 21st, 2018

Chuzame! A Facebook A Twitter

Galiza a Eurovisión

Febreiro 4th, 2018

Chuzame! A Facebook A Twitter

En febreiro, cada entroido seu choqueiro

Febreiro 2nd, 2018

Febreiro from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Febreiro 2018

Febreiro 1st, 2018

Febreiro from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Lecturas contra a violencia de xénero

Xaneiro 26th, 2018

Podes descargar a guía aquí.

EDITORIAL GALAXIA

Chuzame! A Facebook A Twitter

Como sería un mundo gobernado por mulleres?

Xaneiro 25th, 2018

  • Un mundo gobernado por mulleres pode ser igual de disparatado e inxusto que o actual gobernado maioritariamente por homes  -e exemplos hai abondo. Depende, pois, de que clase social, que nación, que ideas e intereses se queren servir: atender a maioría social feminina ou, por contra, reforzar a súa subordinación. Outra cousa é que o acceso de mulleres a ámbitos de poder sexa un tributo á realidade da composición humana. Triunfo individual, pois, ou entrega á causa colectiva. (Pilar García Negro, política e escritora).
  • O apoio dos traballos das mulleres da nosa contorna levaría a un sistema produtivo de proximidade baseado na axuda mutua, economía local que permitiría emancipación da muller baseado en recursos da horta ou da casa (non mercariamos produtos que dan beneficio a empresas multinacionais)… Os valores do feminismo, solidarios e non agresivos, poderían ter unha repercusión positiva na natureza e en todos os ámbitos. A sororidade. (Andrea Jamardo, editora de URCO).
  • É complexo dicir como sería un mundo gobernado por mulleres, moi complexo, o que non é lóxico é pensar que o mundo sería peor do que é hoxe. Cando tes á metade da poboación loitando pola igualdade fica claro que os avanzos son menores e menos xustos. Todo dependería tamén da súa bagaxe, das influencias que tivesen…  (Silvia Seixas).

MÁIS INFORMACIÓN: SERMOS GALIZA

Chuzame! A Facebook A Twitter

O banco Santander e Ministerio de Xustiza negan a posibilidade de pagar de multas en galego

Xaneiro 23rd, 2018

O último caso coñecido a través do servizo Liña do Galego aconteceu nunha sucursal de Ferrol o pasado 1 de decembro cando un cidadán quixo aboar o pagamento dunha sanción na conta do xulgado e solicitou expresamente poder asinar o resgardo da operación en lingua galega. A entidade bancaria negoulle esta posibilidade dicíndolle que só podía facerse en español.

PARA SABER MÁIS: A MESA

Chuzame! A Facebook A Twitter

Un novo xeito de facer Galicia

Xaneiro 21st, 2018

Chuzame! A Facebook A Twitter

O artista que converte ás nosas avoas en superheroínas de 15 metros

Xaneiro 20th, 2018

Joseba Muruzábal cubriu varios pobos de Galicia con enormes murais de avoas con superpoderes, en homenaxe ás mulleres do rural galego que dedicaron a súa vida a traballar no campo.

FONTE: EL CONFIDENCIAL

Chuzame! A Facebook A Twitter