O idioma é a chave coa que abrimos o mundo

Xullo 4th, 2015

A fala. Manuel María

 

O idioma é a chave

coa que abrimos o mundo:

o salouco máis feble,

o pesar máis profundo.

 

O idioma é a vida,

o coitelo da dor,

o murmurio do vento,

a palabra de amor.

 

O idioma é o tempo,

é a voz dos avós

e ese breve ronsel

que deixaremos nós.

 

O idioma é un herdo,

patrimonio do pobo,

maxicamente vello,

eternamente novo.

 

O idioma é a patria,

a esencia máis nosa,

a creación común

meirande e poderosa.

 

O idioma é a forza

que nos xungue e sostén.

¡Se perdemos a fala

non seremos ninguén!

 

O idioma é o amor,

o latexo, a verdade,

a fonte da que agroma

a máis forte irmandade.

 

Renunciar ao idioma

é ser mudo e morrer.

¡Precisamos a lingua

se queremos vencer!

 

Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)

 

PARA SABER MÁIS: RAG

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 Responses to “O idioma é a chave coa que abrimos o mundo”

  1. Letras Galegas 2016 para Manuel María | Aulas de Lingua e Literatura Galega on Xullo 9, 2015 19:50

    […] O idioma é a chave coa que abrimos o mundo […]

  2. Letras Galegas 2016 para Manuel María | Lingua e Literatura 4 on Xullo 9, 2015 19:56

    […] O idioma é a chave coa que abrimos o mundo […]

  3. Letras Galegas 2016 para Manuel María | Lingua e Literatura I on Xullo 9, 2015 19:58

    […] O idioma é a chave coa que abrimos o mundo […]

Trackback URI | Comments RSS

Deixa unha resposta

Name (required)

Email (required)

Sitio web

Speak your mind