Pasou o VII Día da Ciencia en Galego…

Novembro 5th, 2016

Con máis pena do que gloria, pasou o VII Día da Ciencia en Galego. A ausencia da CGENDL fíxose notar. Non debemos esquecer que este día  naceu para reclamar o emprego da lingua propia de Galicia no campo científico, do que a excluíra o Decreto para o Plurilingüismo en 2010.

Escolleuse a Mendel como figura internacional e a Cruz Gallástegui como figura galega. E xustificaban a escolla así: Como  resulta que Gregor Mendel traballou con legumes, con chícharos para deducir as súas tres leis da herdanza,  poñemos a temática do descubrimento das leis da xenética como tema a tratar e a Cruz Gallástegui como o galego-basco que introduce a xenética en España.

E que labor institucional desenvolveou a Secretaría Xeral de Política Lingüística ao respecto? Nada que saibamos, máis alá do que nos conta Cibrán Arxibai na súa Carta Xeométrica.

Así que seguimos estando sós e soas na promoción, dinamización e normalización da nosa lingua. Segue sendo unha cuestión abandonada á iniciativa cidadá, unha cuestión da que desertaron as institucións competentes que naceran precisamente con esa única finalidade. Para que precisamos entón unha Secretaría Xeral de Política Lingüística?

Por se alguén quere saber algo de Cruz Gallástegui pode acudir ao portal da Real Academia Galega de Ciencias e ao estudo que publicou en 2010. Ou recuperar un vello documental da CRTVG, dentro da serie Historias de Galicia, As cousas das cousas.

Save

Save

Chuzame! A Facebook A Twitter

One Response to “Pasou o VII Día da Ciencia en Galego…”

  1. Cibrán Arxibai Queiruga on Novembro 8, 2016 16:19

    Grazas pola referencia.
    En resumo, pasou o que pasou

Trackback URI | Comments RSS

Deixa unha resposta

Name (required)

Email (required)

Sitio web

Speak your mind