O meu perfil

Novembro 10th, 2009

QUERO A MIÑA LÍNGUA NA TÚA BOCA!

aminhalinguaqueronatuaboca. IgorLugris_________________________________

Lingua proletaria do meu pobo
eu fáloa porque si
porque quero
porque me gosta
porque me peta…

_____________________________________________________________

NOVAS TECNOLOXÍAS: O “BOOK”

_________________________

TECNOLOXÍA E METODOLOXÍA

_______________________________________________

LA LINGÜÍSTICA Y EL NACIONALISMO LINGÜÍSTICO ESPAÑOL

__________________________________________________

COMO MARÍA LADO, UNHA VEZ EU TAMÉN FUN ADOLESCENTE…


unha vez fun adolescente. foi hai muitos anos e dediquei gran parte da mocidade a esquecelo. así que, tras xorndas de sólido empeño, conseguín afogar o pouco recordo daqueles anos que me quedaba. porén, a vida, e a mente, están cheas de reviravoltas, sinuosas estradas nas que nunca sabes que pantasma che vai saír. e non se enganen,  ás veces mellor era bater coa moza autoestopista que vaga á procura de incautos condutores que con algún dos nosos propios espíritos.

o caso é que nunha desas revoltas atopei o pasado sábado a martín. eu era unha incipiente adolescente que acababa de solicitar a súa nai que lle mercase un bikini, o meu primeiro bikini (e non era o precioso libro de elena, senón dúas pezas de roupa dun amarelo vivo que lucía con emoción de preadulta) e pasaba as tardes con eles.

e quen son eles? -adoitaba preguntar miña nai

pois eles, mamá, quen vai ser? os do campo. os do campo eramos nós, os que quedabamos no campo da feira… todos! – engadía eu. e dicía este últimos todos con énfase, para que miña nai entendese a necesidade imperiosa de quedar porque ía estar todo o mundo. el tamén estaba, claro, anque eu daquela non tiña ningunha esperanza de lle gustar porque era rara:  levaba gafas, escoitaba pink floyd e camel, non me gustaba a cocacola e ía á praia ler un libro que me tiña moi enganchada porque, ademais, odiaba as pachangas de futbol e as pás. nin sequera sei como me querían na pandilla.

todo iso vén detrás do recordo coma unha cereixa que arrastra a outra.

admito que a culpa foi miña por andar remexendo na memoria. foi no obradoiro do sábado, alá en valadares, que lles propuxen aos asistentes facer unha posta en común de recordos para ter un motivo para escribir. empezamos pola infancia, co arrecendo das gomas de nata, os libros de texto herdados, o pan da avoa… e así fomos chegando á adolescencia. e de súpeto, martín presentouse alí, coas súas mans frías, intentando, torpemente, desabotoarme o sostén do meu recén estreado bikini amarelo. un calafrío subiume polo rego do lombo mentres o contaba.

a cousa rematou en bronca e el marchou de volta á súa cidade seguramente pensando que eu era unha estreita. nunca máis nos vimos. pero aí empezou oficialmente a miña adolescencia.

dous días despois o poema segue sen rematar, agardando por un momento no que lle poida meter man. será por iso, porque deixei o poema a medias, que martín non marchou da miña casa dende aquel sábado que foi invocado polas sereas do recordo. onte presentouse no salón, á hora da sesta, e porfiou e porfiou ata que escribín o seu nome no buscador do feisbú. pensei que nunca o faría, entre outras cousas porque das moitas utilidades estúpidas que o feisbú ten, esa é a máis estúpida de todas. para que vale procurar alguén que xa só é un recordo de mans frías en pleno agosto?

menos mal que non o atopei. tampouco quixen insistir. se o atopase non creo que pasase de ver a súa foto e desmellorar o seu recordo. ao fin e ao cabo, os recordos son construcións elaboradas a base de repeticións que acabamos por crer como verdaderias. e no meu recordo, martín era un seductor galán, versión que só eu manteño de todos cantos o coñeceron nesa época e nese lugar.

porén o exercicio  levoume ao barrio da mocidade. e non era tan mal sitio coma eu me empeñara en debuxar. naquela panda de xente eu non era a única rara. había outro, que escoitaba os doors, ía á praia con zapatóns e chaqueta negra e adoitaba preguntarme se os libros que eu lía estaban ben. ese mesmo verán, con el compartín a emoción do gardián entre o centeo, stand by me (a peli), os clash, paco ibáñez, os primeiros poemas, o makondo, o batallón, os recitais, compostela… unha vida, vaia. e a conclusión que saquei é que foi todo unha sorte ter aquelas gafas de seis dioptrías e o cartel de rariña colgado na fronte. só así puiden atopar o meu mellor amigo. e disfrutar dunha mocidade realmente incrible.

iso si. prometo que nunca máis empregarei o feisbú para lerchear.

_________________

MUÍÑO DE MAREAS

Muíño de mareas

Chuzame! A Facebook A Twitter

13 Responses to “O meu perfil”

  1. Vai de rizos on Maio 22, 2010 14:44

    Que significado ten a última foto, a de Muíño de mareas?
    un bko!

  2. Vai de rizos on Maio 22, 2010 16:49

    Outra cousa, teño moita curiosidade por saber se a frase marlou (por chamala dalgunha maneira, hahah!!)a inventaches ti, ou non, ou de onde saiu: “Para que o seu canto non morra na miña gorxa, quero a miña lingua nas vosas bocas!”? Eque pareciume unha frase moi boa, aparte de bonita!!
    un bko!!

  3. marlou on Maio 24, 2010 19:23

    Marlou é unha montaxe propia que nace de afectos persoais que non vou publicar aquí; mais tamén é o suxerente nome dun dos detectives (“buscadores de información”) máis famoso da Literatura (Raymond Chandler foi o seu creador) e, desde logo, o máis famoso do cinema negro: Philip Marlowe. Venme especialmente á cabeza a personaxe á que dá vida Humphrey Bogart: sombreiro, longo gabán, naríz ao chan, mirada que olla sen ser vista, ollos semiocultos polo fume dun cigarro ladeado sempre nos beizos… Ademais unha das miñas cancións favoritas de AtaqueEscampe (non che teño que falar da miña querenza por este grupo!) fala dun “Philip Marlowe de ocasión”, é dicir, un buscador ocasional de información, medio perdido no marasmo da “rede”, coma min!
    O tema-lema-canto-sinopse-argumento-oquesexa do blogue: “Para que o seu canto non morra na miña gorxa, quero a miña lingua nas vosas bocas!”, é da miña colleita a primeira parte, mais a segunda é o meu lema favorito para loitar pola normalización da miña lingua. Roubeillo á Gentalha do Pichel, pois eles imprimírano nunhas camisetas ben lindas: “Quero a minha língua na tua boca!”. Eu tamén quero a miña lingua, o galego, nas vosas bocas; porque é a única maneira de que o canto do paxaro non morra na súa propia gorxa (“Nin un so dedo fai man, nin unha soa andoriña fai verán”).
    A foto do muíño de mareas pretende reflectir as intencións coas que nace este blogue. As mareas son rutineiras, sempre as mesmas, sempre distintas… Como os cursos, como as alumnas e os alumnos, como os días de clase… Parecen semellantes, mais non hai dous iguais! O muíño é un lugar de traballo, mais tamén de encontro social, como as aulas, do que se pode levar un diario e unha memoria. En principio todo blogue nace como un diario dixital, aínda que non sempre os administradores consigamos mostrar nel o labor cotián, rutineiro…
    A foto foi tirada de dentro cara a fóra, as pretensións son grandes: este blogue desexa ser unha ventá aberta ao mundo, sobre todo mariñeiro, porque “ando a pescar na rede!”

  4. marlou on Maio 24, 2010 19:29

    Outra cousa. A foto foi feita no muíño de mareas do Pozo do Cachón, en Serres, na entrada de Muros. Lugar imprescindible na miña xeografía persoal pois aí nacín por sexta vez…

  5. Vai de rizos on Maio 24, 2010 21:35

    Non deixarás de sorprenderme! Incrible, vaia capacidade de análese a túa!! E tamén vaia maneira de relacionar as cousas! Eres tremenda!!
    Pois no tema da frase e da foto, mandei uns tiros por aí, non ía mal polo camiño que andaba, mais aínda me quedaba moito por percorrer!!
    O do Pozo do Cachón sóame, creo que xa nos tes falado do lugar.
    A todo isto, excelente explicación! Grazas!!
    Un bko!!

  6. ana belén moreda on Xuño 20, 2010 14:48

    vaia cousas tan marabillosas escribes¡¡ un blogue fantástico. Aínda que xa sabes que son novata nestas cousas dende logo que este blogue xa me vai acompañar sempre. Os poemas de 4º fantásticos. Parabéns.

  7. ana belén moreda on Xuño 20, 2010 14:51

    ola de novo¡ refírome aos poemas que aparecen no apartado “Alumnos/as”. Parabéns.

  8. marlou on Xuño 20, 2010 21:20

    Grazas, Ana! Gosto de ti, gosto das túas palabras e aínda gosto máis do teu sorriso, que trouxo a Trazo aire fresco e arrecendo a herbas de san xoán…
    Eu non concordo coa relixión católica, son atea!
    Así que esa metedura de pata do “san xoán” debería ser corrixida polo “solsticio de verán”. Pero concordarás comigo que así, aló vai a poesía a tomar polo de alí!!!
    Escarallada a inspiración, retírome da circulación!
    Beijinhos!

  9. marlou on Xuño 20, 2010 21:21

    Ana, non deixes de ollar a páxina principal!
    Krsche!!!!!!!!!!!!!!!!

  10. ana belén moreda on Novembro 4, 2010 01:12

    olaaaaaaaaaaa¡¡ sigo sendo unha adicta a este blogue, agora dende a distancia pero sempre preto no meu corazón xa que Trazo quedou para sempre nel. Encántame perderme dentro deste espazo tan fantástico. Parabéns e moitos bicos.

  11. Xano on Xaneiro 27, 2011 17:53

    Ola
    Moitos parabéns polas dinámicas abertas e mantidas desde este blogue.
    Unha suxestión/petición. Esas estupendas presentacións animadas farían máis xeito para traballar na rede co alumnado se estivesen publicadas nun sitio que manteña as animacións e non houbese que descargalas. Fixemos a proba en http://www.slideboom.com/presentations/291248/plurilingismo-101108194505-phpapp02
    Se nos dás permiso…
    Grazas por compartir!

  12. Xano on Xaneiro 27, 2011 20:58

    Ah, citamos a orixe, claro, pero se che parece mal, retirámolo inmediatamente, por suposto.
    Saúdos

  13. marlou on Xaneiro 30, 2011 12:46

    Ola, Xano!
    Claro que dou permiso, como non vou dar! Síntome afagada polos teus parabéns!
    Por certo, non sabía da posibilidade do slideboon. Grazas por mostrarme novas ferramentas!
    Saúdos

Os comentarios están pechados.