Linguas minorizadas

Novembro 15th, 2016

Lingua hexemónica, lingua minorizada e lingua minoritaria

Son curtas: Good night, mon ami!. Versión de Son de noso do relato de Castelao Unha rúa nun porto lonxano

Os idiomas oficiais no Puerto Rico son, actualmente, o Español e máis o Inglés. O Español é o maioritario na poboación. O Inglés, aínda que só é falado por unha parte minoritaria dos portorriqueños, é a lingua de prestixio, socialmente dominante, da illa. Estas circunstancias fan que o Español sufra unha minusvaloración moi semellante á que acontece na Galiza entre o Galego e o Español, …só que aquí cos papeis invertidos. Nos noventa houbo unha forte polémica entre a oficialidade das linguas. En 1991 estabeleceuse a oficialidade única do Español durante 1 ano e nove meses. Co gallo deste feito, en España concedéuselle o premio Príncipe de Asturias ao Gobernador de Puerto Rico na altura (o que non deixa de ser unha contradicción, xa que aquí nin se pensa na simple posibilidade de estabelecer algo semellante nas Comunidades con lingua propia do Estado Español).
Neste audio preséntase un video moi curtiño, no que se expón a polémica existente neste país arredor destas dúas línguas, para despois extraer conclusións e paralelismos co que nos acontece aquí, na Galiza. (FONTE)

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os comentarios están pechados.