O machismo mata (por Xabier V P)

Novembro 27th, 2016

Chuzame! A Facebook A Twitter

25N. Máis alá da violencia machista existe unha vida digna para as mulleres

Novembro 25th, 2016

o-muroAo longo do mes de novembro o alumnado colaborador da Biblioteca, o alumnado de Ciclo Medio e de 1º de Bacharelato estiveron recollendo e compartido malas noticias arredor da violencia machista.

Posteriormente, os alumnos e as alumnas de 1º de Bacharelato servíronse da obra de Carlos Negro, Masculino singular, para encher o centro de poemas en distintos soportes, pero todos contra o machismo.

Ademais, ao longo da semana pasada, nas aulas de 1º de Bacharelato-A, elaboraron o Manifesto contra o machismo deste 25 de novembro de 2016, tomando como molde o manifesto máis famoso da Literatura Galega, o Máis Alá! do poeta rianxeiro Manuel Antonio.

Finalmente, hoxe, asistimos a clase de loito polas mulleres asasinadas e a corporación municipal trasladouse ao noso centro para facer seu o noso manifesto e asistir á lectura de textos e á proxección de material audiovisual creados polo alumnado.

Foi un longo traballo. A causa merecíao. Se serviu para crear conciencia crítica e reaccionar ante calquera forma de machismo, dámonos por satisfeitos os departamentos implicados no proxecto (Equipo de Normalización Lingüística, Biblioteca, Lingua Galega e Literatura, Ciclos FP e vicedirección).

A tod@s @s que participastes e, especialmente, a tod@s @s que vos involucrades cada día na loita contra a violencia machista, GRAZAS!

Se queredes ver o resultado do proxecto, podedes facelo neste blogue: https://25novembro.blogspot.com.es/

25N. Máis alá da violencia machista existe unha vida digna para as mulleres

Chuzame! A Facebook A Twitter

Contra a violencia machista

Novembro 25th, 2016

25N. Máis alá da violencia machista existe unha vida digna para as mulleres

Chuzame! A Facebook A Twitter

25N. O machismo mata

Novembro 25th, 2016

25N. Máis alá da violencia machista existe unha vida digna para as mulleres!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manifesto 25N.

Novembro 25th, 2016

Manifesto 25 novembro 2016 from Marlou

25N. Máis alá da violencia machista existe unha vida digna para as mulleres

Chuzame! A Facebook A Twitter

Matriarcas de Dodro

Decembro 2nd, 2015

Grazas, Sarai!

Chuzame! A Facebook A Twitter

25N. O machismo mata.

Novembro 29th, 2015

814 mulleres asasinadas desde 2003.  A violencia machista leva provocado en doce anos máis mortes que as causadas por ETA en toda a súa historia. Se se tratasen de vítimas dun atentado terrorista estaríamos en estado de guerra. Pola contra, o trato que reciben as vítimas da violencia machista é vexatorio. Fálase de que “oito de cada dez mulleres lograron deixar atrás o maltrato”, como se lograran, por exemplo, abandonar a droga; como se se tratara dun problema das vítimas e non dos seus asasinos; como se as institucións e os poderes públicos puidesen mirar para outro lado con 814 asasinatos enriba das súas mesas.

Resulta doado unha vez ao ano pendurar no pulso o lazo morado. Resulta doado invocar , unha vez ao ano, á loita contra a violencia machista. Resulta doado e moi politicamente correcto participar unha vez ao ano en calquera acto, concentración ou manifestación coa fin de erradicar a violencia machista. E o resto do ano? Onde vai esa loita os trescentos sesenta e catro días restantes?

 

A igualdade real entre homes e mulleres é o único camiño para erradicar o machismo. Esa igualdade comeza pola escola e remata no mundo laboral. Por que as mulleres seguen a cobrar un 24% menos que os homes realizando o mesmo traballo? Por que as empresas seguen a utilizar publicidade sexista para vender os seus produtos? Por que á hora de conciliar o home “axuda” pero non “comparte” as cargas familiares? Por que @s adolescentes confunden o amor coa posesión?

No IES Félix Muriel, o alumnado de 1ºde Bacharelato tratou de mostrar a súa disconformidade con esta lacra social mediante unha protesta pacífica a través da creación dun produto artístico que servise de homenaxe ás seis vítimas galegas deste ano 2015. Se ben, @s participantes non querían que o 25N fose un día só para lembrar as vítimas, senón para loitar por que non haxa vítimas.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

No Curtas.Gal dos xoves seguimos denunciando que o machismo mata. Hoxe con Xogo de nenos

Novembro 26th, 2015

Xogo de nenos from Marlou

Chuzame! A Facebook A Twitter

25N no Félix Muriel. O machismo mata

Novembro 25th, 2015

foto prensaCon motivo da celebración do Día Internacional para a Erradicación da Violencia Machista, o alumnado de 1ºde Bacharelato do IES Félix Muriel tratou de mostrar a súa disconformidade con esta lacra social mediante unha protesta pacífica a través da creación dun produto artístico que servise de homenaxe ás vítimas, a diferenza dos actos contra os que protesta.

Un dos participantes recordounos que “este non é un día para lembrar as vítimas, senón para loitar por que non as haxa”.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe 25N haberá Curtas.Gal na Biblioteca contra a violencia machista. Convidados de pedra

Novembro 25th, 2015

Convidados de pedra from Marlou

Nunha entrega de premios literarios contra a violencia de xénero, Paz gaña o concurso cun caso de maltrato. Este resulta ser a súa propia historia…

Chuzame! A Facebook A Twitter

O 25N o Music.Gal canta contra o machismo

Novembro 23rd, 2015

Machismo 25n from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

O machismo mata

Decembro 7th, 2014

Chuzame! A Facebook A Twitter

25N. O machismo mata

Novembro 25th, 2014

Chuzame! A Facebook A Twitter

25N. o machismo mata

Novembro 23rd, 2014

machismo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Conversa cunha muller morta

Novembro 24th, 2013

VIMEO

 

Chuzame! A Facebook A Twitter