Sentido común!

Maio 8th, 2017

Chuzame! A Facebook A Twitter

Queremos atención en galego!

Setembro 2nd, 2015

Chuzame! A Facebook A Twitter

CAMPAÑA DE NADAL NA CORUÑA…

Xaneiro 9th, 2013

O grupo local de A Mesa pola Normalización Lingüística da Coruña considera “propia do esperpento” a clamorosa irrelevancia da lingua galega na campaña de Nadal posta en marcha polo goberno municipal coa intención, segundo o propio executivo, de fomentar as compras no comercio local.

A deturpación da toponimia propia de Galiza nalgunha das mensaxes da campaña municipal de Nadal está a ter, ademais, importante repercusión en redes sociais como facebook ou twitter; especialmente no caso do lema “Yo soy de merluza del pincho. Pues yo de capón de Villalba”, onde xerou desde indignación a mofa e mesmo a todo tipo de brincadeiras e réplicas cheas de retranca.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O GALEGO SI ATOPA CANCELAS NAS CANCELAS

Novembro 24th, 2012

O curso pasado abordamos a obra e a mensaxe do máis grande empresario galego (galego, non por nacer en Galiza, senón por defender e promover a súa identidade galega a través da súa lingua e do seu facer cotián), Valentín Paz-Andrade.

Na súa obra, Galicia como tarea (1957), V. Paz-Andrade diríxese ao empresariado industrial galego e as elites da burguesía autóctona. Vai aló máis medio século (…) pero o destinatario fíxose o xordo e o cadro diagnóstico deseñado por Valentín hai dez lustros segue a describir aínda hoxe a patoloxía endémica deste país.

Dicía Valentín Paz-Andrade ( o máis grande empresario galeguista que tivo o noso séc. XX) no segundo aniversario da fundación da Caixa Rural do Lérez en 1928, que o feito económico é a base fundamental dos problemas sociais. E repetía en 1959, ante o Proxecto (propositadamente frustrado) de Petróleos de Galicia S.A.: Para min o programa empresarial podería comezar a redimir  positivamente a Galiza do subdesenvolvemento, da incultura, da miseria rural, do éxodo ventureiro, da marxinación secular que ven padecendo.

Para el, Galiza pode progresar, sobre todo na economía, se acredita no seu idioma e tende pontes co sistema internacional que orixinou; por iso non debía haber no noso país xente que tivese opinión distinta que recomendar e esixirlle a todos os galegos que falasen a súa lingua.

Desde 1928 a 2012 transcorreron 174 anos e, por desgraza para o galego e para os galeg@s, nada parace ter mudado no mundo da empresa en relación á utilización do idioma propio de Galiza. Así, tristemente, asistimos máis unha vez á inauguración dunha nova superficie comercial, o ano paso fora Marineda City, na Coruña, desta volta é en Compostela, trátase do novo centro comercial As Cancelas. En ambos os dous casos o complexo lingüístico segue a ser o máis grande de Europa…

A inauguración de As Cancelas non ficou exenta de polémica. Numerosas foron as persoas que se achegaron até o impoñente edicifio de 50 mil metros cadrados a estrear para berrar contra o uso de produtos reclamo como o leite, contra unha política lingüística onde o galego non ten cabida, contra a destrución de postos de traballo no pequeno comercio e contra o modelo de consumo que se promove desde as grandes superficies.

PARA SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: SERMOS GALIZA, A MESA

Chuzame! A Facebook A Twitter

En Galiza hai prohibicións lingüísticas que non se dan nin en Francia

Abril 26th, 2012

O blogue de Carlos Callón

Chuzame! A Facebook A Twitter

CORRELINGUA 2012

Marzo 13th, 2012

Un ano máis chega o Correlingua. Outra vez para sumar un día máis na memoria dos adultos futuros que un día lembrarán que participaron nunha festa en que a música, o teatro, a maxia… falaban galego, un día en que se xuntaron con outros miles de mozos e mozas e percorreron as rúas da cidade ou da vila con franxas nas que reivindicaban o seu desexo de vivir en galego.

 

PARA SABER MÁIS: A MESA

Chuzame! A Facebook A Twitter

ABERTOS AO GALEGO!

Marzo 4th, 2012

A Mesa convoca o premio empresarial Abertos ao Galego

O galardón entregarase anualmente a empresas que destaquen polo seu uso normal do galego.

SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: A MESA

Chuzame! A Facebook A Twitter

XUSTIZA PARA O GALEGO!

Febreiro 6th, 2012

Carlos Callón, presidenta de A Mesa pola normalización lingüística,  será xulgado por recriminar ao xuíz decano da Coruña que incumprise a Lei de normalización lingüística.

A Mesa lanza un manifesto perante o xuízo do seu presidente o vindeiro 10 de febreiro e convoca unha concentración de apoio:

Queremos xustiza para a nosa lingua.

Non á criminalización da súa defensa!

Cousas, Castelao

Chuzame! A Facebook A Twitter