Dous vellos que tamén tiveron mocedade, de Castelao (por Tania Pose)

Decembro 1st, 2016

Chuzame! A Facebook A Twitter

Acabamos a Semana Castelao aspirando a que Galiza sexa, simplemente, un paraíso.

Xaneiro 31st, 2016
CASTELAO

MÚSICA PARA CASTELAO

CASTELAO

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ano das artes para Castelao no IES Félix Muriel (por Isaac Iglesias)

Xaneiro 31st, 2016

Un ano máis o IES Félix Muriel réndelle homenaxe a Castelao no aniversario da súa morte. A Academia das Artes escolleu ao polifacético autor rianxeiro para divulgar e promover a súa obra gráfica e pictórica.
O alumnado do Félix Muriel, coordinado polo profesorado do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, desenvolveu ao longo das dúas últimas semanas diferentes tarefas arredor do seu ilustre veciño.
En 1º de Bacharelato decoraron baldosas do centro educativo con algúns dos gravados máis importantes do artista, ademais de colaborar a montaxe dunha exposición arredor dos Álbums de guerra e do Álbum Nós. Este labor resultou do agrado dalgúns dos membros da Academia das Artes que decidiron visitarnos para dar conta dos resultados persoalmente.
O alumnado de 2º de Bacharelato reproduciu o escudo deseñado por Castelao, así como os seus simbólicos sombreiro, lentes e cigarro, para penduralos na entrada do centro en dous cadros . Ademais elaboraron un mural coa mesma simboloxía.
Tamén participaron nestas actividades os máis pequenos da ESO, levando os relatos de Retrincos á linguaxe do cómic.
Ao longo desta semana, o alumnado encargado de divulgar música en galego durante os tempos de lecer, encargarase de emitir pezas musicais relacionadas con Castelao.
Para filanizar a Semana Castelao, o venres 29 de Xaneiro,desenvolveuse a actividade Pensamentos, na que se unían os pensamentos en flor cos pensamentos de Castelao. Cada un dos membros da comunidade educativa escollía o pensamento de Castelao que máis lle agradaba ou co que mellor se identificaba, con el levaba unha planta para facela florecer na súa casa. A actividade, que procuraba dar a coñecer as reflexións do noso rianxeiro máis universal, resultou todo un éxito de participación, pois non houbo flores suficientes para tantos pensamentos como foron solicitados.

Aínda que a semana acabou, as actividades arredor de Castelao daranse por rematadas o vindeiro luns, cando recibiremos a visita no centro do presidente da Academia das Artes, M. Martelo Quintana, mentres o ENDLG volverá a repartir pensamentos, flores con reflexións tiradas do Sempre en Galiza de Castelao. E proxectarase este vídeo…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Irmán Daniel

Xaneiro 30th, 2016

Juan Pardo canta o poema que Cabanillas adicou a Castelao na súa morte.

Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areeiro que te foras
da sereidade pola plan vereda…
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin…

Na noite pecha
entréi pinal adiante, medoñento,
a ialma dun feitizo prisioneira.

Fungaban os ramallos un responso,
brilaba a frouma verdecente acesa,
en velorio de honra ó teu relembro.

Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da túa man maiestra,
e aquel forte e lanzal, que tempos idos
escoitou a túa prácida conversa
co sabidor e xurdio

Profundador de voces milagreiras,
inquiréu delorido, en desespero:
¿De qué morte morréu a nosa prenda?
Atravesóume o peito
un dór punxente e esguío de saieta
e díxenlle a verdade crú, tinguindo
cunha pinga de sangue cada verba:

Morreu do mul dos bós
e xenerosos !
Morréu de amor á Terra!

MÚSICA PARA CASTELAO

CASTELAO

Chuzame! A Facebook A Twitter

Compañeiro Daniel

Xaneiro 29th, 2016

Suso Vaamonde canta nun programa da TVG a canción da vida de Castelao, Compañeiro Daniel, de Darío Xohán Cabana.

Compañeiro Daniel de vida innumerable
como os astros do ceo i os camiños do mar
na tenebrosa noite da patria inhabitable
témoste no recordo con mao á luz alba.
A ti falo Daniel morto lonxe da terra
es noso i a túa luz alumea a escuridá
que nos deixou a historia de tres anos de guerra
en que os lobos mataron a luz e libertá.

Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban
i enloitaron cunetas con sangue loitador
as pistolas sonaban i os panbidos berraban
a terrible victoria do odio e do terror.
E ti fúcheste lonxe predicar no deserto
pra erguerdes un exército que endexamais loitou
e morriches un día sin veres entreaberto
o camiño da volta que a túa alma soñou.

Pro na Patria abatida e do pobo explotado
nacimos nós os fillos da morte e do tristén
percurando furiosos vinganza e novo Estado
i unha roxa alborada sin cabo nin comén.
I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe
matou desesperado na outra banda do mar
prometémosche a terra dunha Galicia ceibe
pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.

MÚSICA PARA CASTELAO

CASTELAO

Chuzame! A Facebook A Twitter

Olla meu irmao

Xaneiro 28th, 2016

Miro Casabella canta o poema de Celso Emilio Ferreiro en honor a Castelao.

Olla meu irmáu honrado
o que acontez con Daniel:
os que o tiñan desterrado
agora falan ben del.

O palurdo de alma lerda,
o tendeiro desertor,
o vinculeiro da merda
disfrazado de señor.

O lurdo carca refrito,
o monifate de entroido,
o aprendiz de señorito,
marqués de quero e non poido.

O badoco endomingado,
o franquista pousafol,
o forricas desleigado,
o pequeno burgués mol.

O devoto do onanismo,
o feligrés de pesebre,
o tolleito de cinismo
o que dá gato por lebre.

O rateiro de peirao,
o refugallo incivil,
válense de Castelao
pra esconder a caste vil.

Escoita puto nefando,
criado na servidumbre:
non pasará o contrabando
dise teu noxento estrume.

Grotesco escriba sandéu,
inxertado nun raposo.
Castelao nunca foi teu,
porque Castelao é noso.

I anque a ti che importa un pito,
sabrás que é cousa sabida,
que estás incurso en delito
de apropiación indebida.

MÚSICA PARA CASTELAO

CASTELAO

Chuzame! A Facebook A Twitter

Castelao vive en Pontevedra

Xaneiro 27th, 2016

María do Ceo, a fadista portuguesa afincada en Galiza, canta o tema central da película Castealo vive en Pontevedra, do director Miguel López Sánchez. Esta melodía foi incluída no seu disco Soños , a los grandes da cultura galega. O proxecto cinematográfico rodarase en breve nesta cidade. A composición musical sublima a figura do ilustre galeguista rianxeiro, «mercador da lúa chea, patrón do sol e das estrelas, debullador do non e das quimeras».

FONTE: LA VOZ DE GALICIA

MÚSICA PARA CASTELAO

CASTELAO

Chuzame! A Facebook A Twitter

Empezamos a Semana Castelao coa música que o Golden Piano Trio compuxo para un dos relatos do autor rianxeiro

Xaneiro 24th, 2016

O Golden Piano Trío inclúe no seu repertorio un tema inspirado nun relato de Cousas.

Manuel López Jorge, o compostelán pianista do trío, estrea a súa primeira composición para este formato musical, inspirada nun relato de Cousas, de Castelao.

A peza O Afogado describe “de forma programática” os estados de ánimo e o carácter do conto No mar había un afogado, cunha sección inicial que López define como “dramática e tensa”, para dar paso a un intermedio “funerario”. O tema remata cun final “moi vivo e enérxico”, recollendo ese verso final de Castelao no que se pregunta con optimismo “que mellor leito para un mariñeiro que o fondo do mar”.

O compositor e pianista ideou un percorrido musical para o relato segundo lía a obra de Castelao, un dos seus autores favoritos. Malia buscar unha melodía para o conto, López Jorge advirte de que non se trata dunha banda sonora. “O texto é unha fonte de inspiración, a música segue as súas propias regras”, salienta, polo que as melodías poden enganar ao espectador, “levándoo a un sitio cando pensa que o vai levar a outro”.

FONTE: LA OPINIÓN

MÚSICA PARA CASTELAO

CASTELAO

Chuzame! A Facebook A Twitter

Esta semana o Music.Gal ocúpase de Castelao

Xaneiro 24th, 2016

Castelao from Marlou

MÚSICA PARA CASTELAO

CASTELAO

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sempre Castelao!

Xaneiro 30th, 2015

Castelao no Marlou (Información arredor da figura máis importante para a cultura e a política da Galiza do século XX )

Chuzame! A Facebook A Twitter

Castelao pola paz (tamén lingüística)

Xaneiro 30th, 2015

Castelao pola paz (tamén lingüística) from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Álbums de guerra

Xaneiro 25th, 2015

Álbums de guerra from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Álbum “Nós”

Xaneiro 25th, 2015

Album Nós from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Castelao

Xaneiro 25th, 2015

Castelao from Marlou

Castelao no Slideboom

CASTELAO NO MARLOU

Chuzame! A Facebook A Twitter

Semana Castelao no IES Félix Muriel

Xaneiro 25th, 2015

Programa Semana Castelao from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter