50 anos de ensino do Galego

Marzo 19th, 2016


 

Chuzame! A Facebook A Twitter

AÍNDA SEGUIMOS AQUÍ

Setembro 20th, 2013

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ollos de aula (2)

Novembro 5th, 2012

Ollos de aula. (nº 2, novembro 2012) from Coordinadora Galega ENDL
Chuzame! A Facebook A Twitter

SOBREVIVIREMOS?

Outubro 17th, 2012

Chuzame! A Facebook A Twitter

O CIRCO DA BOLBORETA

Setembro 20th, 2012

Chuzame! A Facebook A Twitter

O NOSO SISTEMA DE ENSINO??????????

Setembro 20th, 2012

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcha polas escolas do rural

Setembro 13th, 2012

Magnífico final da Marcha contra os recortes levados a cabo pola Xunta nas escolas do rural. Os Labregos dos tempos dos Sputniks (Leo e García) adicáronse a espabilar as conciencias, botando man do Tío Marcos da Portela e do  Catecismo do Labrego.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Folga estudantil no ensino medio o 19 de abril para “parar os ataques contra o galego”

Abril 14th, 2012

Podes colaborar na divulgación do evento engadindo aos teus  tweets  #19Aestudantespologalego                 A sección das mocidades de A Mesa pola Normalización Ligüística, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes convocaron para o día 19 de abril un paro no ensino medio para denunciar que a porcentaxe semanal de horas que se imparten en galego non chega ao 20%.

A esta folga, que será de toda a xornada, está convocado o alumnado do 2º ciclo da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, EPA e Ensinanzas Artísticas e Especiais.

As organizacións convocantes queren denunciar con esta folga que nos últimos tres anos non se puxo en marcha nin unha soa medida favorábel á lingua propia de Galiza, ben ao contrario, practicouse unha política lingüística destinada a reducir a presenza do noso idioma nas aulas. A mocidade reclama, tamén, que o galego exista nas materias científico-técnicas en que o Decreto 79/2010 impón o uso obrigatorio do castelán.

 O lema da xornada de folga será: PARAEMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO con el quérese chamar a atención sobre a situación do noso idioma.

O derradeiro destes ataques estase a dar nestes momentos nas escolas públicas do Bierzo, comarca na que a lingua tradicional é o galego e na que existe unha demanda social en torno á nosa lingua que o colectivo Fala Ceibe do Bierzo canalizou a través dun acordo asinado entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla- León, polo que os centros se comprometían a ofertar o galego en todas as etapas do ensino obrigatorio, especialmente nos primeiros cursos.

Pero, desde o curso pasado, algúns centros están a incumprir a súa adhesión a este programa, alegando que lles resulta imprescindible extinguir a oferta de galego para implantar unha sección bilingüe castelán-inglés.

A pesar de que as dúas ofertas son compatibles, pois ambos os programas teñen os seus respectivos recursos económicos, materiais e humanos; a pesar de que existe unha demanda social;  a pesar de que o galego siga a ser a lingua común dos avós de moitos dos alumnos dos colexios do Bierzo; a pesar de que parte dese alumnado cursa estudos universitarios en Galiza… A pesar de todo iso, parece que se puxo en marcha un proceso de erradicación do galego da oferta educativa da Junta de Castilla – León.

FONTE: EL PAÍS

Chuzame! A Facebook A Twitter

Suciolingüística e labor docente

Febreiro 12th, 2012

O papel social da nosa lingua está máis que cuestionado por todas as clases sociais, especialmente a burguesía media de ámbitos urbanos. Non é coa materia de lingua galega, impartida deste unha perspectiva tradicional como se dunha lingua normalizada se tratase, coa que imos acadar a necesaria normalidade lingüística para o noso idioma. O noso labor docente, en materia de lingua galega debe ir, como dicía o poeta,  MÁIS ALÁ!

Se ben, pouco espazo nos deixan os pais-nais que entenden a colaboración no proceso de aprendizaxe dos seus fillos/as como a asunción das súas tarefas académicas (os deberes), que ademais realizan por eles nunha lingua distinta.

Anécdotas como as que vos deixo a continuación lévanme a pensar unha e outra vez que Kafka, o escritor do absurdo por excelencia, tiña orixe, necesariamente, galega…


Fui eu hoje a Sant-Iago en ua trattoria almoçar, amigos, e veede o que ali eu vii:
Nunha mesa había unha moza e unha muller (que respondía por mamá). Tiña a moza un caderno e un bolígrafo. Tiña a nai un libro de 4º ESO Lingua Galega.
A señora miraba polo libro e íalle ditando frases á moza, sinalándolle mesmo os puntos e as comas… Falaban en lengua castellana pero a nai ditaba en lingua galega. Polo medio a moza miraba algunha mensaxe no telemóbel, polo medio a nai miraba algunhas mensaxes no outro telemóbel. Nun momento a señora chamou a alguén e díxolle:… no entendemos esto de historias de emigrantes… claro… si … vale… E seguía a moza a escribir no seu caderno e a nai a lerlle do libro que tiña unha foto grande dun tal Neira Vilas…
E logo xantaron… e logo seguiron e semellaron rematar mentres a nai tomaba un descafeinado cortado …
Ante esta escena, xorden varias posturas contraditorias no complicado razoamento do absurdo:
1-A postura tradicional do docente de galego pertencente á Escola dos Queixumes (ai o Medulio, ai a Frouxeira, ai os mártires de Carral, ai a Ditadura…): non paga a pena poñer traballos aos alumnoas, fánllelos os pais e nin o galego usan para faceren os deberes… Para que pasar tempo a corrixir se non sei nin a quen lle corrixo? Mellor sería dar latín ou relixión! …Dimito!
2-A postura do moderno docente 3.0 de galego pertencente á Escola dos trovadores Iesus Vasques e Angelo Lorenço: Que marabilla, que subidón de autoestima docentedinamizadora, conseguimos interactuar coa familia, implicamos á nai na nosa materia, trascendemos o ámbito docente do IES para introducirmonos no lecer da findesemana, internacionalizamos o galego sendo levado naturalmente e sen imposicións a unha contorna culinaria italiana, pois a nai usou o galego coa súa filla ditándolle nunha lingua culta e non falándolle no seo familiar coma antigamente en castrapo, usáronse as tic-móbiles por parte da moza e da nai que mesmo implicou a terceiras persoas para poder investigar no tema…
3-A postura do docente “defensor” da súa identidade lingüística, “defensor” da única lingua propia de Galicia: tras o triunfo do “bilingüismo harmónico” e dadas as nefastas consecuencias que este tivo e está a ter para a nosa lingua, cómpre como docentes non caer no desalento senón ensinar, transmitir, a Historia Social do Galego; porque só coñecendo o pasado poderemos entender o presente para poder xerar un futuro distinto…
.
E TI QUE OPINAS?
.
FONTE: O GALEGO, EU (A anécdota non a vivín eu, senón un amigo meu… Grazas, Anxo!)
Chuzame! A Facebook A Twitter