Como sería un mundo gobernado por mulleres?

Xaneiro 25th, 2018

  • Un mundo gobernado por mulleres pode ser igual de disparatado e inxusto que o actual gobernado maioritariamente por homes  -e exemplos hai abondo. Depende, pois, de que clase social, que nación, que ideas e intereses se queren servir: atender a maioría social feminina ou, por contra, reforzar a súa subordinación. Outra cousa é que o acceso de mulleres a ámbitos de poder sexa un tributo á realidade da composición humana. Triunfo individual, pois, ou entrega á causa colectiva. (Pilar García Negro, política e escritora).
  • O apoio dos traballos das mulleres da nosa contorna levaría a un sistema produtivo de proximidade baseado na axuda mutua, economía local que permitiría emancipación da muller baseado en recursos da horta ou da casa (non mercariamos produtos que dan beneficio a empresas multinacionais)… Os valores do feminismo, solidarios e non agresivos, poderían ter unha repercusión positiva na natureza e en todos os ámbitos. A sororidade. (Andrea Jamardo, editora de URCO).
  • É complexo dicir como sería un mundo gobernado por mulleres, moi complexo, o que non é lóxico é pensar que o mundo sería peor do que é hoxe. Cando tes á metade da poboación loitando pola igualdade fica claro que os avanzos son menores e menos xustos. Todo dependería tamén da súa bagaxe, das influencias que tivesen…  (Silvia Seixas).

MÁIS INFORMACIÓN: SERMOS GALIZA

Chuzame! A Facebook A Twitter

A primeira muller que dirixiu un xornal no Estado español foi a galega Mª Luz Morales Godoy

Xaneiro 16th, 2018

Xornalista, editora, crítica cinematográfica, muller comprometida co seu tempo, foi a representante da Asociación de Escritores Galegos en Barcelona. De 1936 a 1937, dirixiu La Vanguardia e mantivo o compromiso galeguista malia vivir desde nova en Barcelona.

Así, foi activista a prol do Estatuto de Autonomía de Galiza e após o golpe de estado franquista, foi expulsada do traballo. Aliás, acusada de pertencer ao Partido Galeguista, ficou inhabilitada para exercer o xornalismo e foi encarcerada.

María Luz Morales Godoy, considerada unha referencia para a incorporación das mulleres ao xornalismo, faleceu en Barcelona en 1980. Escribiu, até os seus últimos días, no Diario de Barcelona.

PARA SABER MÁIS: SERMOS GALIZA

Chuzame! A Facebook A Twitter

100 comentarios machistas que as mulleres escoitan desde nenas

Xaneiro 7th, 2018

FONTE: EL PAÍS

Chuzame! A Facebook A Twitter

Por que deberías de deixar de usar o termo “feminazi”?

Xaneiro 4th, 2018

Chuzame! A Facebook A Twitter

Verbas borradas (por Laura Rubio)

Marzo 12th, 2017

Chuzame! A Facebook A Twitter

Feminismo (por Tania Pose)

Marzo 11th, 2017

Chuzame! A Facebook A Twitter

8 de marzo. Día da muller traballadora

Marzo 8th, 2016

LEANDRO LAMAS, MatruskasO Día Internacional da Muller recoñece ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían liberdade, igualdade e fraternidade marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.

En 1857, morreron queimadas nun incendio, nunha fábrica textil de Nova York, 192 mulleres que facían folga para reclamar unha xornada laboral de 10 horas. Desde entón o Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, é conmemorado cada 8 de marzo, nun primeiro momento para reclamar o sufraxio feminino e dereitos laborais para as traballadoras, posteriormente para loitar contra a guerra e, hoxe en día, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Hoxe as reivindicacións non cesan: o mundo avanza pero non para as mulleres: ablación do clítoris, desigualdade laboral, desemprego, malos tratos por parte dos seus compañeiros…

A ONU

Baixo o lema «POR UN PLANETA 50-50 EN 2030: DEAMOS O PASO PARA A IGUALDADE DE XÉNERO», o secretario xeral, Ban Ki-moo, neste 8 de marzo de 2014, sostén:

Adiquemos un financiamento sólido, un valente labor de promoción e unha férrea vontade política para acadar a igualdade de xénero en todo o mundo. Non hai ningún outro maior investimento no noso futuro común.

O 8 de marzo a ONU reflexionará sobre cómo acelerar a Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible. Tamén se centrará nos novos compromisos dos gobernos baixjo a iniciativa «Deamos o paso pola igualdade de xénero» .

Algúns dos obxectivos clave da Axenda 2030:

  • Coidar de que todas as nenas e  nenos acaben os ciclos de ensino primario e secundarioa; ensino que será gratuito, equitativo e de calidade
  • Coidar de que todas as nenas e  nenos teñan acceso a servizos de atención na primeira infancia
  • Poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo
  • Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas a trata e a explotación sexual
  • Eliminar todas as prácticas nocivas, como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a mutilación xenital femenina.

A Marcha Mundial das Mulleres

En 1995 a Federación de mulleres do Quebec organizou unha primeira Marcha das mulleres na que participaron 850 mulleres que marcharon durante 10 días para reivindicar  a xustiza económica. Na meta final foron acollidas por 1500 persoas. Despois deste éxito xurdiu a idea de realizar unha Marcha Mundial das Mulleres no ano 2000. O 8 de Marzo do 2000 formalizouse o lanzamento da primeira Acción internacional en Xenebra, que culminou no palacio das Nacións Unidas en Nova York. En consecuencia, a Marcha Mundial das Mulleres é un movemento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra las mulleres. Dende entón miles de mulleres mobilizáronse a través de accións internacionais, nacionais e rexionais,  en torno á loita pola xustiza económica, o cambio político e social e os dereitos reprodutivos das mulleres, incluíndo a despenalización do aborto.

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza reclama:

Respéctame
 as miñas diferenzas, os meus desexos, a miña sexualidade, a miña historia, a miña capacidade de decidir, de pensar, de traballar, de gozar; de decidir sobre a miña vida , a miña sexualidade, as miñas amizades, os meus estudos, o meu traballo; sen imposicións, sen malos tratos, sen discriminacións, sen violencia, sen estereotipos, sen sexismo, sen machismo,…

PARA SABER MÁIS:

RECURSOS:

LEANDRO LAMAS. Mulleres abrazadas.

ACTIVIDADES:

Chuzame! A Facebook A Twitter

8 de marzo

Marzo 8th, 2015

AS MULLERES QUE LEN SON PERIGOSAS!

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Chuzame! A Facebook A Twitter

8 de marzo, DÍA DA MULLER

Marzo 8th, 2012

 

 

  A miña voz, compañeiras,
non naceu para afastar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada.

A miña voz, compañeiras,
tráioa para partillar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.
Dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.

A voz das miñas amigas
Dame folgos pra avanzar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.
Todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.

 LETRA: YOLANDA CASTAÑO

MÚSICA: TRADICIONAL

INTÉRPRETES: LEILÍA

AGASALLO: ISA

 

Entrevista Teresa Moure from cig-ensino on Vimeo.

PARA SABER MÁIS: Materiais e recursos para as aulas (CIG-ensino)

Chuzame! A Facebook A Twitter