Outubro en galego!

Outubro 1st, 2017

Outubro from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Setembro en galego!

Setembro 1st, 2017

Setembro from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Agosto en galego!

Agosto 1st, 2017

Agosto from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Xullo en galego!

Xullo 1st, 2017

Xullo from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Son muller, e que? (por Paula Cambeses)

Xuño 25th, 2017

Son muller, e que? (por Puala Cambeses) from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

O ladrón de palabras (versión de alumn@s de 1ºESO)

Xuño 21st, 2017

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xuño en galego!

Xuño 1st, 2017

Xuño from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

A santísima toponimia de Galicia

Maio 18th, 2017

O país posúe a maior densidade de lugares con haxiotopónimos de Europa

SE QUERES SABER MÁIS, PREME AQUÍ: GALICIENCIA

Chuzame! A Facebook A Twitter

En galego sen límites. 17maio17

Maio 14th, 2017

Chuzame! A Facebook A Twitter

18 razóns (desesperadas) para falar galego na Coruña

Maio 13th, 2017

Chuzame! A Facebook A Twitter

A última moeda (Fina Casalderrey)

Maio 12th, 2017

PIRULETA VERMELLA

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sentido común!

Maio 8th, 2017

Chuzame! A Facebook A Twitter

En Malpica, con gheada e con seseo!

Maio 2nd, 2017

Chuzame! A Facebook A Twitter

Maio en galego!

Maio 1st, 2017

Maio from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Así callou o mito da “imposición do galego” entre a mocidade

Abril 26th, 2017

Díxoo o presidente da Academia nunha recente entrevista en Praza: aquela campaña contra na precampaña e campaña electoral de 2009 “foi unha manipulación política do galego”. Fortalecida mediaticamente, e materializada na derrogación da política lingüística vixente para dar paso ao contestado decreto do plurilingüismo, foi moito máis aló. Fomentou prexuízos arredor do idioma propio, fixo agromar un discurso a prol da suposta liberdade que supoñía minguar máis a presenza do galego na escola e mesmo creou mitos como o de “dous ao caldeiro”. Pero callou. Non só entre os predispostos senón tamén entre os que non amosan belixerancia ningunha coa lingua. Mesmo entre a xente nova. Así o certifica o Consello da Cultura Galega (CCG) no completo informe Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia.

Compróbase a alta valoración do idioma, pero tamén o pesimismo sobre o seu futuro e os prexuízos instaurados arredor del; tamén como a mocidade abandona a lingua propia a medida que se achega ao lecer e ás amizades e se afasta da familia e do centro de ensino.

Nas súas conclusións do estudo, o CCG repara non feito de que a escola, “pese a ser o lugar onde moitos mozos e mozas aprenden a lingua, non semella funcionar como un elemento dinamizador do uso do galego”. Máis ben, serve como “reflexo do status da lingua en cada lugar”: os galegofalantes ven como o galego ten unha presenza importante no ensino, mentres que os que non o son vena menor. Mentres que para algunhas persoas a escola é fonte de competencia lingüística, para outros “é un atranco porque lles xera confusión ao teren que aprender determinadas materias en galego”. “Non se ve ben que se esixa o uso do galego na escola, nin que esta lingua sexa acaída para aprender contidos técnico-científicos”.

Ademais, tamén se atopa “estendido” entre parte da mocidade o discurso de “liberdade” e “imposición” do que tanto se tirou naquela campaña electoral e en anos posteriores. Son aqueles mozos que “reivindican a liberdade á hora de empregar o castelán nas materias nas que é obrigatorio aprender ao galego, pero non ao revés”. “É un discurso no que o galego non debe supoñer obrigas e no que só o castelán ten ese privilexio”, destacan sobre unha argumentación tantas veces empregada e cuxa posibilidade foi negada mesmo por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que anulou parte do decreto.

A mí, como me obligaron a hablar gallego, ¡le pillé tanto asco! No por el idioma en sí, porque es un idioma bonito, porque tú lo escuchas y… pero es como… ¡no! A mí, si me obligas a algo, ¡no lo voy a hacer“. Mesmo en rapaces galegofalantes chega a manifestarse esa idea de “imposición”, aínda que de maneira menos clara e en moita menor medida.

O informe destaca que “o discurso normalizador ou militante tamén se atopa entre a mocidade” e é esta parte a que “opta por transmitir o galego aos seus fillos e fillas”. Pero iso non é o habitual. A xente nova ve un difícil futuro para a lingua e cren que cómpren esforzos para revitalizala, pero teñen un “escaso compromiso con ese futuro no referente a usar o galego”.

Alén disto, a mocidade galega “manifesta un consumo baixo de medios en galego, especialmente aqueles mozos e mozas que usan menos esta lingua, mais tamén entre os/as que se declaran consumidores/as habituais de medios”. “Algúns, sobre todo os monolingües en galego, critican a falta de autenticidade do galego que se emprega nalgúns casos”, di o informe.

Para o CCG, “trátase de construír un discurso sobre o plurilingüismo con base no galego no que se demostre a utilidade e viabilidade deste” e tamén de buscar “o consenso entre os partidos políticos para excluír a lingua galega da loita partidista”. “Cómpre unha mudanza do discurso institucional de cara á lingua galega para que a sociedade perciba que é un elemento potenciador da cohesión social”, di.  “Só un uso preferente do galego pode garantir unha competencia bilingüe”.

FONTE: PRAZA PÚBLICA

Chuzame! A Facebook A Twitter