Galiza para Manuel María

Maio 17th, 2016

Chuzame! A Facebook A Twitter

Galiza nun Mapa Mundi de 1414

Setembro 2nd, 2015

Chuzame! A Facebook A Twitter

Castelao pola paz (tamén lingüística)

Xaneiro 30th, 2015

Castelao pola paz (tamén lingüística) from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Álbums de guerra

Xaneiro 25th, 2015

Álbums de guerra from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Álbum “Nós”

Xaneiro 25th, 2015

Album Nós from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Castelao

Xaneiro 25th, 2015

Castelao from Marlou

Castelao no Slideboom

CASTELAO NO MARLOU

Chuzame! A Facebook A Twitter

Semana Castelao no IES Félix Muriel

Xaneiro 25th, 2015

Programa Semana Castelao from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha web americana ensina «como enfadar a un galego»

Maio 22nd, 2014

Unha reportaxe publicada nun medio estadounidense ofrece un curioso decálogo para aprender a desenvolverse en Galicia.

Se non quere enfadar a un galego, non faga ningunha destas cousas:

1. Preguntar polo galego e referirse a el como «un dialecto»

2. Pensar que aos galegos lles gusta o flamenco, os touros e a paella

3. Dicir que sempre chove

4. Pedir unha cervexa que non sexa Estrella Galicia

5. Engadir a todas as palabras «-iño»

6. Afirmar que o futbolín e un invento dos alemáns

7. Preferir as praias do Mediterráneo

8. Situar Galicia no País Vasco

9. Perder o interese ao coñecer a nosa localización

10. Se lle ofrecen licor café, bébao!

FONTE: La voz de Galicia

Chuzame! A Facebook A Twitter

Imos de Entroido

Febreiro 25th, 2014


PARA SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ!

Chuzame! A Facebook A Twitter

E há de vir o Apalpador…

Decembro 26th, 2012

Porque a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente nin se alvisca no porvir; non é serva do tempo! A tradición é a alma eterna da Galiza, que mora no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a Historia, a tradición é a Eternidade!

A. D. R. CASTELAO

FONTE: A GENTALHA DO PICHEL


 Querido Apalpador:

Este ano, coma todos, porteime máis que ben, ti sábelo!

Non me impuxen a ninguén, simplemente deixeime levar para que me escoitaran aqueles que non me aprecian e algún/ha incluso me chegou a querer tanto que decidiu priorizarme no seu día a día, na súa vida cotiá e para sempre.

Estiven presente diante dos que me odian, debatín e non me deixei acovardar. Namorei, culturicei, ensinei…

Fixen moito polo pobo!

Levo tempo tecendo na miña cultura a miña historia, e gustaríame que fose así por moito tempo.
Por iso, este ano, pídodoche de agasallo forzas, e moitas. Quero forzas para poder repartir con aquela xente toda que me defende, que me le, que gosta de min, que me quere e me ama… Aquela que me leva subida na súa lingua día si, día tamén.

Apalpador:

dáme forzas para que non me calen!!!!!!

GRAZAS, LU!
GRAZAS, MERI!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Volta á realidade: Lume no Eume

Abril 10th, 2012

FONTE: DROSERA

Chuzame! A Facebook A Twitter

MORREU ISAAC DÍAZ PARDO, O DERRADEIRO GALEGUISTA QUE EMPEÑOU A SÚA VIDA EN LEMBRAR OS MORTOS E LEVAR A CABO OS SOÑOS POLOS QUE OS MATARAN.

Xaneiro 8th, 2012

O ano 2012 estreouse coa perda dun dos máis grandes intelectuais galegos do século XX, Isaac Díaz Pardo, o derradeiro galeguista adicado en corpo e alma a lembrar aos mortos ( o primeiro deles, o seu propio pai, Camilo Díaz Baliño) e obstinado na tarefa de levar a cabo os soños polos que os mataran. Adicouse a preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia a través de toda a súa obra, en especial a fundación de Cerámicas do Castro e, xunto con Luís Seoane, do Laboratorio de Formas de Galiza; ademais do seu labor precursor á fronte de Cerámica de Sargadelos, do Museo Carlos Maside, do Instituto Galego da Información, da editorial Edicións do Castro ou do Seminario de Estudos Galegos. O seu labor empresarial sufriu nos últimos anos o acoso dos especuladores alleos a valores culturais e aos ideais galeguistas que de xeito incansable defendeu sempre este home inasequible ao desalento. O seu legado ficará custodiado na Cidade da Cultura.

SE QUERES SABER MÁIS, PULSA AQUÍ: GALIPEDIA, EL PAÍS, LA VOZ DE GALICIA, CULTURAGALEGA.ORG


 

Chuzame! A Facebook A Twitter