Carlos Casares. Letras Galegas 2017

Maio 15th, 2017

VER EN SLIDEBOOM: Carlos Casares. Letras Galegas 2017

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuel María. Letras Galegas 2016

Maio 17th, 2016

Manuel María. Letras Galegas. 2016 from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

150 ANOS CON ROSALÍA, ORGULLOS@S DO GALEGO!

Maio 23rd, 2013

Chuzame! A Facebook A Twitter

A obra de Roberto Vidal Bolaño

Marzo 22nd, 2013

Montaxe audiovisual de Luís Aldegunde e o seu alumnado do CPI Os Dices de Rois

Chuzame! A Facebook A Twitter

Telexornal Vidal Bolaño

Marzo 21st, 2013

Montaxe audiovisual de Luís Aldegunde e o seu alumnado do CPI Os Dices de Rois

Chuzame! A Facebook A Twitter

Indígnate! Fala galego!

Maio 17th, 2012

Escrevo Quero-te cem vezes hoje
cem vezes escrevo Quero-te porque te quero
e escrevo Quero-te porque te sinto dentro
e fora das palavras e no siléncio.

Na minha língua escrevo Quero-te
na tua língua, nossa.
Na palma de minha mao escrevo Quero-te
e escrevo Quero-te no teu ombro quando dormes
e Quero-tes pequenos nas etiquetas
da roupa que levas hoje.

E porque quando escrevo Quero-te já é passado
hoje escrevo tamém Quero-te no futuro,
e escrevo Quero-te com sprays nas ruas
polas que passas sempre ou nom passas nunca,
e escrevo Quero-te dentro da tua sombra
e dos teus zapatos e dos teus paxaros.

Escrevo Quero-te em código morse
com a ponta da língua onde me pidas
-.- . .-. —- – .

Um quero-te como um mamut de grande,
pequeno como umha constelaçom de sete letras,
longo como um arró entre dous vales
e, como a imperfecçom, perfecto.

Escrevo Quero-te na minha língua amante
que te lambe nos sonhos
que ás vezes se volvem realidade.
E escrevo Quero-te porque nom tenho medo,
e para cambiar o mundo escrevo Quero-te

Escrevo Quero-te nos lugares comuns
e nos segredos.
E escrevo Quero-che tamém
palatalmente.

Escrevo Quero-te no teu paráguas violeta,
e onde escrevo Quero-te nace o arco da velha.
Na lista da compra escrevo Quero-te
entre a palavra laranjas e a palavra tesoiras,
e escrevo Quero-te dentro dumha botelha.

Somos muita gente hoje
a escrever Quero-tes no país dos Quero-tes,
milheiros de Quero-tes na nossa língua
escritos na pel, nas árvores ou nas paredes.

Em cada Quero-te
que escreve alguém na minha língua
está o meu Quero-te
alá onde esteja.

E porque um Quero-te é umha palavra que brilha
escrevo Quero-te,
tamém eu com toda a gente
que hoje escrevemos
milhons de Quero-tes nas cinco mil línguas do planeta cada dia.

FONTE: CADERNO DE LINGUA DE ROMÁN LANDÍN

POEMA: QUERO-TE, DE SÉCHU SENDE EN MADE IN GALIZA

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

QUERO A MIÑA LINGUA NAS VOSAS BOCAS!

Maio 17th, 2012

17MAIO2012

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cen chaves de sombra (1979)

Maio 6th, 2012

Canto ao catro de Nadal

 

Galiza abría os ollos despois da negra sombra

que murchara no cedo as roseiras de abril.

De novo puña os pés no camiño de volta

ao de forzas circiais dentro de si.

 

As rúas eran ríos de peitos xa rimados,

na arela de facer unha patria coas mans,

desxugar cabezallas que esmagan os destinos

devolvendo aos galegos a imaxe do seu chan.

 

A pulsación do pobo a devalar no asfalto

reinzou as calzadas de latexos votivos,

de calcañares firmes na fe remanecida

de que non máis seremos os decote vencidos.

 

A voz autonomía cobrou azas de pomba

que os sonos arrolara do pobo a camiñar,

A voz autonomía quente de pulsos ledos

debullou a súa mensaxe no sangue popular.

 

 ANTOLOXÍA

Open publication – Free publishingMore galego
PODES DESCARGALO EN SCRIBD

VALENTÍN PAZ-ANDRADE. CEN CHAVES DE SOMBRA, 1979

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Polas palabras somos outra cousa

Maio 3rd, 2012

As palabras

 

Vén o ar ateigado de palabras,

cada mañán chamando aos nosos vidros,

para pór a xemolar son e semente.

As palabras de cote están falando

e somos nós os xordos ao mensaxe

que no seo das sílabas carrexan.

 

Polas palabras somos outra cousa,

e non primaz materia dunha besta,

só desbravada en nós polas palabras.

Son palabras as ondas do gran río

da fala, que morre un pouco e nace

do mencer ao luar de cada día.

 

A eito marteladas nos falares

do pobo, que as mestura ao seu suor,

limadas cal semánticas moedas

nas forxas oficiais do saber,

sempre as palabras teñen lei  de onda

a develar na vida dos demais.

 

É de palabras a primeira música

que dá tremer de luz ao noso tímpano,

e de palabras o primeiro río

que verte ao noso canle súas ondas,

e se fai subterráneo en cada noite

para renascer no leito das auroras.

 

Denantes das palabras foi a choiva

linguaxe de cristais da natureza,

de verticales sílabas composto,

elemental vocabulario líquido

das claves seminales sobre a terra,

a descrifrar polas meniñas da alma.

 

Palabras insonoras baixo o sono

como peixes de acuarium apagado

que a memoria repesca na vixilia.

Palabras e memoria dúas forzas

que xa casadas nascen lonxe, lonxe…

no orbe prebabélico do home.

 

E cando chega a morte a nosa beira,

cando nos pasaporta para o nada,

o que de certo pasa e se rexistra,

o que nos deixa listos para o embarque

na dorna por Caronte tripulada…

é o naufraxio de todas as palabras.

 

ANTOLOXÍA

Open publication – Free publishingMore galego
PODES DESCARGALO EN SCRIBD

VALENTÍN PAZ-ANDRADE. CEN CHAVES DE SOMBRA, 1979

Chuzame! A Facebook A Twitter