Son muller, e que? (por Paula Cambeses)

Xuño 25th, 2017

Son muller, e que? (por Puala Cambeses) from Marlou
Chuzame! A Facebook A Twitter

Con pólvora e magnolias

Marzo 26th, 2017

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

O cartafol do vento (por Uxía Rial)

Marzo 12th, 2017

Chuzame! A Facebook A Twitter

8 de marzo. Día da muller traballadora

Marzo 8th, 2016

LEANDRO LAMAS, MatruskasO Día Internacional da Muller recoñece ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían liberdade, igualdade e fraternidade marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.

En 1857, morreron queimadas nun incendio, nunha fábrica textil de Nova York, 192 mulleres que facían folga para reclamar unha xornada laboral de 10 horas. Desde entón o Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, é conmemorado cada 8 de marzo, nun primeiro momento para reclamar o sufraxio feminino e dereitos laborais para as traballadoras, posteriormente para loitar contra a guerra e, hoxe en día, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Hoxe as reivindicacións non cesan: o mundo avanza pero non para as mulleres: ablación do clítoris, desigualdade laboral, desemprego, malos tratos por parte dos seus compañeiros…

A ONU

Baixo o lema «POR UN PLANETA 50-50 EN 2030: DEAMOS O PASO PARA A IGUALDADE DE XÉNERO», o secretario xeral, Ban Ki-moo, neste 8 de marzo de 2014, sostén:

Adiquemos un financiamento sólido, un valente labor de promoción e unha férrea vontade política para acadar a igualdade de xénero en todo o mundo. Non hai ningún outro maior investimento no noso futuro común.

O 8 de marzo a ONU reflexionará sobre cómo acelerar a Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible. Tamén se centrará nos novos compromisos dos gobernos baixjo a iniciativa «Deamos o paso pola igualdade de xénero» .

Algúns dos obxectivos clave da Axenda 2030:

  • Coidar de que todas as nenas e  nenos acaben os ciclos de ensino primario e secundarioa; ensino que será gratuito, equitativo e de calidade
  • Coidar de que todas as nenas e  nenos teñan acceso a servizos de atención na primeira infancia
  • Poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo
  • Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas a trata e a explotación sexual
  • Eliminar todas as prácticas nocivas, como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a mutilación xenital femenina.

A Marcha Mundial das Mulleres

En 1995 a Federación de mulleres do Quebec organizou unha primeira Marcha das mulleres na que participaron 850 mulleres que marcharon durante 10 días para reivindicar  a xustiza económica. Na meta final foron acollidas por 1500 persoas. Despois deste éxito xurdiu a idea de realizar unha Marcha Mundial das Mulleres no ano 2000. O 8 de Marzo do 2000 formalizouse o lanzamento da primeira Acción internacional en Xenebra, que culminou no palacio das Nacións Unidas en Nova York. En consecuencia, a Marcha Mundial das Mulleres é un movemento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra las mulleres. Dende entón miles de mulleres mobilizáronse a través de accións internacionais, nacionais e rexionais,  en torno á loita pola xustiza económica, o cambio político e social e os dereitos reprodutivos das mulleres, incluíndo a despenalización do aborto.

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza reclama:

Respéctame
 as miñas diferenzas, os meus desexos, a miña sexualidade, a miña historia, a miña capacidade de decidir, de pensar, de traballar, de gozar; de decidir sobre a miña vida , a miña sexualidade, as miñas amizades, os meus estudos, o meu traballo; sen imposicións, sen malos tratos, sen discriminacións, sen violencia, sen estereotipos, sen sexismo, sen machismo,…

PARA SABER MÁIS:

RECURSOS:

LEANDRO LAMAS. Mulleres abrazadas.

ACTIVIDADES:

Chuzame! A Facebook A Twitter

O crepúsculo… segundo Antía Carou

Novembro 16th, 2014

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os comedores de patacas vistos por Carme Veiga

Abril 28th, 2014

Chuzame! A Facebook A Twitter

Rianxo fala desde o corasón

Xaneiro 24th, 2014

Chuzame! A Facebook A Twitter

O meu agasallo de Reis para todos e todas vós…

Xaneiro 6th, 2014

Cada lectura é diferente. Non hai dous lectores, dúas lectoras, iguais. Pero poucos, antes e agora, entenderon tan ben a obra de Suso de Toro, como para transgredila de tal xeito, como para ir máis alá, tan alá!, como foi Eduardo Domínguez con esta creación audiovisual. Simplemente, magnífica!

Se queres ollar o resultado doutras lecturas, podes pinchar AQUÍ

Chuzame! A Facebook A Twitter

Un bo agasallo de reis: o pracer de ler en galego a literatura universal

Decembro 26th, 2013

Literatura Universal en Galego by Cristina Lourenzo

Chuzame! A Facebook A Twitter

rosa a rosa, cravo à Nossa

Marzo 19th, 2013

Homenagem da literatura portuguesa a Rosalia

A convite do escritor galego Carlos Quiroga, a literatura portuguesa rendeu homenagem a Rosalia no maior encontro de escritor@s de Expressão Ibérica de Portugal, as Correntes d’Escritas da Póvoa de Varzim. Manuel Jorge Marmelo, Rui Sousa, Ivo Machado, Maria do Rosário Pedreira, Luís Carlos Patraquim, Michael Kegler, Sara Figueiredo, Cláudia Ribeiro, Hélia Correia, Manuela Ribeiro, Possidónio Cachapa e João Tordo, foram ler versos de Cantares Gallegos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

No centenario de Celso Emilio, 100 poemas para 100 voces

Novembro 6th, 2012

O ano 2012 foi o ano adicado a Celso Emilio Ferreiro, o poeta de Celanova que nacera cen anos atrás, en 1912, e que publicara cincuenta anos atrás, en 1962, a obra poética máis representativa da posguerra, Longa noite de pedra. O poema co que se inicia o libro fora  concebido nun contexto concreto: o vivido polo poeta cando padeceu prisión no ano 1937, en plena guerra civil. Este poema é considerado o precursor da poesía social no estado español. Despois, a voz de Celso Emilio xuntaríase na década dos 50 á de Gabriel Celaya (Lo demás es silencio, 1952 e Cantos Íberos, 1955) e á de Blas de Otero (Redoble de conciencia, 1951 e Pido la paz y la palabra, 1955), ao publicar O soño sulagado, 1955; e na década dos 60 á voz catalá de Salvador Espriu (La pell de brau, 1960) e á voz en euskera de Gabriel Aresti (Harri eta Herri, 1964).

No peche das celebracións polo seu centenario, o ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo quere ler, recitar, dramatizar, espallar a súa obra en toda a comunidade educativa. Para iso programou encontros diarios na Biblioteca do centro para dar vida aos poemas do celanovés. Agárdase a participación de até 100 persoas do noso centro para recitaren 100 poemas distintos. Coa intención de achegar os textos ás voces, nace esta Selección poética: 100 poemas para 100 voces.

SE QUERES SABER MÁIS: AULAS DE LINGUA E LITERATURA

SE QUERES IR ENSAIANDO: DEITADO FRONTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…

BÓTALLE UNHA OLLADA AO QUE FIXERON OS DO IES AS BARXAS CO POEMA:

Chuzame! A Facebook A Twitter

As voces baixas

Outubro 9th, 2012

  O vindeiro mércores 17 de Outubro, Manuel Rivas presentará nunha libraría da Coruña a súa nova novela, As voces baixas. En palabras de Manuel Bragado, responsable de Xerais, empresa que edita o libro: A obra é o relato dos afáns dos membros dunha familia traballadora –un albanel, unha leiteira e catro fillos, que constrúen a súa vida, primeiro na rúa da Marola do Monte Alto e logo en Castro de Elviña, onde rolan os ventos– é a novela da vida de todos os humildes e todos os anónimos.

Aí queda a presentación que o propio autor, Manuel Rivas, fixo dela…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Roberto Vidal Bolaño, será o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013

Xuño 24th, 2012
A Real Academia Galega decidiu, no plenario celebrado o 22 de xuño, dedicarlle as Letras Galegas no ano 2013 ao autor, director e actor teatral Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002)

O dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño foi un dos artífices da profesionalización do teatro galego, coa creación da primeira compañía, o Grupo Antroido. Ademais de con Antroido, tamén traballou co Centro Dramático Galego (CDG) e coa súa compañía propia, Teatro do aquí.

Vidal Bolaño foi actor, director e escritor de teatro, mais, en xeral, tamén un axitador cultural.

Entre as súas obras teatrais escritas pódense sinalar, entre outras, Laudamuco, señor de Ningures (1976), Bailadela da morte ditosa (1980), Agasallo de sombras (1992), As actas escuras (1994), Doentes (1998), A ópera de a patacón (1998) ou Animaliños (2003), moitas delas, ademais de escritas, tamén dirixidas por el mesmo ou levadas aos escenarios por diversas compañías.

FONTES: CTNL e O BLOGUE DE CARLOS CALLÓN

SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: RAG ou aquí: EL PAÍS

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tonas de laranxa

Xuño 18th, 2012

Con este título, Tonas de laranxa, fixéronse este ano co premio Xerais de novela, ademais de debutaren na narrativa galega, María Lorenzo Miguéns ( Dodro, 1986), que xa obtivera en 2007 un accésit no Premio Carlos Casares de microrrelato coa peza «O limoeiro», e Manuel Lorenzo Baleirón (Dodro, 1957) pai de María e profesor no IES Macías o Namorado de Padrón. Pai e filla son ademais irmán e sobriña do desaparecido poeta de Dodro, Eusebio L. Baleirón.

SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: XERAIS

OU AQUÍ: SERMOS GALIZA

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Himno Galego

Xuño 8th, 2012
 EDUARDO PONDAL

Os pinos

¿Que din os rumorosos,
na costa verdecente,
ó raio trasparente
do prácido lüar…?
¿Que din as altas copas
d’escuro arume harpado
co seu ben compasado,
monótono fungar…?

“Do teu verdor cingido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso clan,
non des a esquecemento
da injuria o rudo encono;
desperta do teu sono,
fogar de Breogán.

Os boos e generosos
a nosa voz entenden,
e con arroubo atenden
o noso rouco son;
mas sós os ignorantes
e férridos e duros,
imbéciles e escuros,
non os entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades,
qu’as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois donde quer, gigante,
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Pondal, Eduardo (2001) Poesía galega completa II. Poemas impresos; edición de Manuel Ferreiro (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco)

Milladoiro
Coral El Eco
Versión beatbox de Carlos Gende nova pestana ou xanela

FONTE: SON DE POETAS

El Puto Coke En

Chuzame! A Facebook A Twitter