Con pólvora e magnolias

Marzo 26th, 2017

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gonzalo Hermo gaña o Premio “Nacional” de Poesía xoven con ‘Celebración’

Outubro 21st, 2015

O xuri considera que o mellor poemario composto en calquer das linguas do Estado en 2014 é Celebración, un libro editado por Apiario.

O premio -outorgado polo Ministerio de Cultura- está dotado con 20.000 euros. Hermo (Rianxo, 1987) é un dos valores emerxentes e de maior calidade da poesía galega.

Celebración é o segundo poemario de Hermo após o aparecimento en 2011 de Crac (Barbantesa), embora o autor considera aquel realmente como o seu primeiro traballo. “Crac é un libro iniciático, que todos os poetas escriben mais non todos publican. Responde a unha época de formación literaria. Non me arrepinto de telo publicado porque me trouxo moitas cousas boas, mais agora vexo que a miña liña poética está en Celebración“, afirmaba nunha entrevista en Sermos Galiza asinada por Carme Vidal.

Na conversa, Hermo definía así a súa liña poética: “Tentei facer unha poesía que dialogase consigo mesmo, que atraese os lectores a entrar nun universo particular (…) o obxectivo foi crear un mundo literario propio que procura a complicidade do lector”.

FONTE: SERMOS GALIZA

Chuzame! A Facebook A Twitter

Na vea cívica

Maio 7th, 2014

Un novo proxecto de colaboración docente, entre o IES da Pobra e o IES de Rianxo, arredor da poesía social do XIX, ven de ver a luz. Na vea cívica

Chuzame! A Facebook A Twitter

Poesía para Rosalía

Febreiro 20th, 2014

O 24 de febreiro é unha das 35 datas que o Calendario profesional do libro e a lectura recolle para o ano 2014. O “Dia de Rosalía de Castro” volve estar sinalado despois de que o “Calendario do Libro e a Lectura” distribuído pola Consellaría de Cultura o eliminase das datas a celebrar no ano.

A AELG reclama a celebración dese día todos os anos, cada anos. En 2012, ao celebrarse o 175 aniversario do nacemento da nosa máis grande escritora, fixo público este manifesto.

A Fundación Rosalía e a Radio Galega conmemorarán o Día de Rosalía  cun programa especial do Diario Cultural na Casa-Museo ás 19h. Ademais, Anxo Angueira, quen nos visitará en Marzo para falarlle de Rosalía ao alumnado de 1º de Bacharelato,  como presidente da Fundación, realizará unha ofrenda floral a Rosalía na estatua da Alameda. A Fundación tamén promove a acción nas redes sociais #euRosalía, que anima a facer un ‘selfie’ con calquera motivo relacionado coa poeta.

No Félix Muriel, desde o ENDLG, queremos lembrar a Rosalía co mellor e maior agasallo que ela nos legou como galeg@s: a súa lingua, que tamén é a nosa, convertida en poesía.

Así que imos “destrozar os seus poemas” para facelos nosos. Romperemos os versos para crear outros novos, coas súas mesmas palabras, co seu alento nas costas, farémola nosa!.

SE QUERES SABER MÁIS SOBRE A AUTORA, PREME AQUÍ

SE QUERES LER OS SEUS POEMAS, PREME AQUÍ

SE QUERES DESCARGALOS, PODES FACELO AQUÍ:  SELECCIÓN DE TEXTOS. ROSALÍA DE CASTRO

 

Poema Colectivo. LADO-ALDAO by Cristina Lourenzo


Chuzame! A Facebook A Twitter

O mércores 19 visitarannos María Lado e Lucía Aldao

Febreiro 12th, 2014

PARA SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ

Chuzame! A Facebook A Twitter

O poema inédito de Rosalía xa vira a luz na revista dun instituto de Noia

Xaneiro 18th, 2014

Dinche o corazón na man

 

A Real Academia Galega fixo público, a semana pasada, o descubrimento de poemas inéditos de Rosalía de Castro. Os textos manuscritos da nosa máis grande autora, foron editados polo secretario da Academia, Henrique Monteagudo, e pola investigadora Mª X. Lama, nunha publicación baixo o título Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro.

A descoberta céntrase en tres poemas escritos en castelán, que formarían parte dunha derradeira obra da autora, Postrimerías, que Rosalía non chegaría a concluír porque a morte levouna antes. E un poema escrito en galego, na mesma época en que escribira Cantares Gallegos, obra da que se ven de celebrar ao longo de 2013 o seu 150 aniversario.

Este poema galego, Dinche o corazón na man,  é o responsable da polémica, pois a Academia deuno a coñecer como inédito se ben fora xa publicado en xullo de 2013 na revista do Instituto Virxe do Mar de Noia, coñecida como Casa da Gramática.

Ante esta información, o profesor Henrique Monteagudo fixo pública, na páxina web da Academia, unha NOTA ACLARATORIA SOBRE O POEMA “DINCHE O CORAZÓN NA MAN”, na que recoñece que non tiña coñecemento da publicación previa e que, polo tanto, o devandito poema non era totalmente inédito. Ademais felicita ao profesor Ramón Torrado, a quen corresponde o mérito de telo publicado por vez primeira.

PARA SABER MÁIS:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro

Xaneiro 17th, 2014

O xoves, 16 de xaneiro presentouse publicamente o
descubrimento de textos poéticos inéditos de Rosalía de
Castro
. Trátase de manuscritos autógrafos (isto é, escritos

pola propia autora) que conteñen versos descoñecidos
seus (poemas e fragmentos) e que botan nova luz sobre
os inicios da súa carreira poética en galego e -dun xeito
especialmente revelador- sobre os últimos pasos da súa
obra en castelán.
É esta unha novidade que pon un brillante ramo ás
conmemoracións do ano do sesquicentenario de Cantares
Gallegos
e que sen dúbida será de grande interese tanto

para os investigadores e investigadoras da obra rosaliana
coma para a xeneralidade do público galego, dada a
significación especial da autora.

FONTE: REAL ACADEMIA GALEGA

OBRA: Manoscritos inéditos de Rosalía de Castro. H. Monteagudo e Mª X. Lama

PARA MÁIS INFORMACIÓN: SERMOS GALIZA, PRAZA PÚBLICA

Chuzame! A Facebook A Twitter

A segunda lingua de Yolanda Castaño

Xaneiro 17th, 2014

Yolanda Castaño gañou a undécima edición do premio de poesía Fundación Novacaixagalicia por A segunda lingua, o seu sexto poemario. Segundo González Tosar trátase dunha poesía fresca, nova e anovadora. O premio, creado en 2002 co obxectivo de dinamizar e divulgar a poesía en galego, ten unha dotación de 6.000€, ademais da publicación do libro.
Hai que salientar que, noutras edicións anteriores, gañaron este premio María do Cebreiro, Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Parece que a voz das mulleres faise oír con forza na poesía galega contemporánea.
Yolanda atopábase en Coimbra, onde participa na Bienal España – Portugal con editores e poetas dos dous países, cando lle foi notificado o premio. Facía seis anos desde a publicación do seu último libro. A segunda lingua posúe un estilo diferente ao da súa produción anterior; pois nel fai unha reflexión arredor da lingua, ademais de dar cabida ao tema da tradución, aos préstamos lingüísticos ou á lingua como vehículo de comunicación. A poeta asegura sentirse preocupada pola situación do galego, pero di non perder a esperanza de que as cousas muden. A propia autora, falando do contido do libro, afirmou que podía resumilo nunha anécdota moi elocuente: “ Se quere ser atendido en castelán, prema 1; se quere ser atendido en galego, prema 2”.

Jennifer Lorenzo (1ºBAC-A)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuel Álvarez Torneiro, premio nacional de poesía 2013

Outubro 8th, 2013

 O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte outorga anualmente un premio literario cuxa orixe se remonta a 1922. Na súa modalidade de poesía, premia á mellor obra escrita en calquera das linguas oficiais en España. 

O Premio Nacional de Poesía 2013 acaba de serlle concedido ao poeta galego Manuel Álvarez Torneiro pola súa obra Os Ángulos da Brasa. É a primeira vez que este premio se concede a unha obra escrita en galego.

  Este coruñés nacido en 1932, publicou o seu primeiro poemario, Memoria dun Silencio, aos cincuenta anos. A partir dese ano, 1982, non deixou de publicar nin de recibir premios. A obra galardoada nesta ocasión, Os ángulos da brasa, é unha obra publicada pola editorial viguesa Kalandraka en 2012, que xa recibira os premios da Crítica e o Ánxel Casal.

FONTE: SERMOS GALIZA

PARA MÁIS INFORMACIÓN: VIDOTECA DA AELG


 

Chuzame! A Facebook A Twitter

No centenario de Celso Emilio, 100 poemas para 100 voces

Novembro 6th, 2012

O ano 2012 foi o ano adicado a Celso Emilio Ferreiro, o poeta de Celanova que nacera cen anos atrás, en 1912, e que publicara cincuenta anos atrás, en 1962, a obra poética máis representativa da posguerra, Longa noite de pedra. O poema co que se inicia o libro fora  concebido nun contexto concreto: o vivido polo poeta cando padeceu prisión no ano 1937, en plena guerra civil. Este poema é considerado o precursor da poesía social no estado español. Despois, a voz de Celso Emilio xuntaríase na década dos 50 á de Gabriel Celaya (Lo demás es silencio, 1952 e Cantos Íberos, 1955) e á de Blas de Otero (Redoble de conciencia, 1951 e Pido la paz y la palabra, 1955), ao publicar O soño sulagado, 1955; e na década dos 60 á voz catalá de Salvador Espriu (La pell de brau, 1960) e á voz en euskera de Gabriel Aresti (Harri eta Herri, 1964).

No peche das celebracións polo seu centenario, o ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo quere ler, recitar, dramatizar, espallar a súa obra en toda a comunidade educativa. Para iso programou encontros diarios na Biblioteca do centro para dar vida aos poemas do celanovés. Agárdase a participación de até 100 persoas do noso centro para recitaren 100 poemas distintos. Coa intención de achegar os textos ás voces, nace esta Selección poética: 100 poemas para 100 voces.

SE QUERES SABER MÁIS: AULAS DE LINGUA E LITERATURA

SE QUERES IR ENSAIANDO: DEITADO FRONTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…

BÓTALLE UNHA OLLADA AO QUE FIXERON OS DO IES AS BARXAS CO POEMA:

Chuzame! A Facebook A Twitter

ARQUIPÉLAGO CUNQUEIRO

Xaneiro 18th, 2012

Por fin temos un libriño na rede cos resultados das vosas creacións poéticas, inspiradas ou xeradas a partir da lectura de Cunqueiro…

Open publication – Free publishingMore creacion

Podedes velas colgadas noutros sitios da rede:

Chuzame! A Facebook A Twitter