Primavera das Letras

Abril 21st, 2016

A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha Primavera das Letras, un proxecto co que pretende axudar o profesorado no importante labor que desenvolve arredor do Día das Letras Galegas. A cerna desta iniciativa é unha páxina web, academia.gal/primaveradasletras, desde a que se fornecerá os centros de ensino de distintos recursos didácticos, dirixidos sobre todo ao alumnado de infantil e primaria, aínda que tamén haberá actividades e outros contidos útiles para traballar co alumnado de secundaria.

A traxectoria de Manuel María, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2016, e o seu universo literario son os protagonistas de boa parte das fichas didácticas coas que bota andar este proxecto, nas que tamén se introduce o alumnado na historia do Día das Letras Galegas.

Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor do Día das Letras Galegas non se limite aos días previos ao 17 de maio.

Para saber máis:  academia.gal

Chuzame! A Facebook A Twitter

Un polbo é un polbo

Abril 4th, 2014

Case tres meses despois e cando xa a polémica foi esquecida, a Real Academia Galega fixo pública a súa postura ante a escolla entre “polbo” ou “pulpo”.

Como non podía ser doutra maneira ratifica a escolla de POLBO como única forma propiamente galega e argumenta:

1. Non hai ningunha dúbida de que polbo é voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual.
2. A palabra pulpo, moi utilizada na fala actual, suscita dúbidas sobre o seu carácter patrimonial.
3. Un dos criterios establecidos para a escolla entre formas léxicas para a variante normativa do galego é que “entre dúas voces ou variantes concorrentes, unha das cales é indubidablemente galega e diferencial e a outra dubidosa, escóllese a primeira”.
4. A palabra polbo, diferencial e galega, e consolidada actualmente no uso escrito, presenta continuidade cara ao sur no portugués polvo.

NADA NOVO BAIXO O SOL!

Ao que podíamos engadir aquel que di… NUNCA É TARDE, SE A DITA É BOA!

FONTE: RAG

Chuzame! A Facebook A Twitter

O poema inédito de Rosalía xa vira a luz na revista dun instituto de Noia

Xaneiro 18th, 2014

Dinche o corazón na man

 

A Real Academia Galega fixo público, a semana pasada, o descubrimento de poemas inéditos de Rosalía de Castro. Os textos manuscritos da nosa máis grande autora, foron editados polo secretario da Academia, Henrique Monteagudo, e pola investigadora Mª X. Lama, nunha publicación baixo o título Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro.

A descoberta céntrase en tres poemas escritos en castelán, que formarían parte dunha derradeira obra da autora, Postrimerías, que Rosalía non chegaría a concluír porque a morte levouna antes. E un poema escrito en galego, na mesma época en que escribira Cantares Gallegos, obra da que se ven de celebrar ao longo de 2013 o seu 150 aniversario.

Este poema galego, Dinche o corazón na man,  é o responsable da polémica, pois a Academia deuno a coñecer como inédito se ben fora xa publicado en xullo de 2013 na revista do Instituto Virxe do Mar de Noia, coñecida como Casa da Gramática.

Ante esta información, o profesor Henrique Monteagudo fixo pública, na páxina web da Academia, unha NOTA ACLARATORIA SOBRE O POEMA “DINCHE O CORAZÓN NA MAN”, na que recoñece que non tiña coñecemento da publicación previa e que, polo tanto, o devandito poema non era totalmente inédito. Ademais felicita ao profesor Ramón Torrado, a quen corresponde o mérito de telo publicado por vez primeira.

PARA SABER MÁIS:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro

Xaneiro 17th, 2014

O xoves, 16 de xaneiro presentouse publicamente o
descubrimento de textos poéticos inéditos de Rosalía de
Castro
. Trátase de manuscritos autógrafos (isto é, escritos

pola propia autora) que conteñen versos descoñecidos
seus (poemas e fragmentos) e que botan nova luz sobre
os inicios da súa carreira poética en galego e -dun xeito
especialmente revelador- sobre os últimos pasos da súa
obra en castelán.
É esta unha novidade que pon un brillante ramo ás
conmemoracións do ano do sesquicentenario de Cantares
Gallegos
e que sen dúbida será de grande interese tanto

para os investigadores e investigadoras da obra rosaliana
coma para a xeneralidade do público galego, dada a
significación especial da autora.

FONTE: REAL ACADEMIA GALEGA

OBRA: Manoscritos inéditos de Rosalía de Castro. H. Monteagudo e Mª X. Lama

PARA MÁIS INFORMACIÓN: SERMOS GALIZA, PRAZA PÚBLICA

Chuzame! A Facebook A Twitter

A RAG leva ante o Supremo o decretazo da lingua e denuncia a negativa ao diálogo da Xunta

Marzo 13th, 2013


Ferrín anuncia que a Academia interpuxo un recurso de casación ante o Tribunal Supremo de Madrid contra o decreto da lingua para pedir a súa “anulación total” e amósase convencido de que teñen “moitas posibilidades de gañar”. A presentación do recurso foi aprobada pola totalidade de membros do plenario.

PARA SABER MÁIS: SERMOS GALIZA

Chuzame! A Facebook A Twitter

Por que demitiu Méndez Ferrín como presidente da RAG?

Febreiro 28th, 2013

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

REAL ACADEMIA GALEGA

Se queres sabelo, le este artigo en GALICIA CONFIDENCIAL

Chuzame! A Facebook A Twitter

Roberto Vidal Bolaño, será o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013

Xuño 24th, 2012
A Real Academia Galega decidiu, no plenario celebrado o 22 de xuño, dedicarlle as Letras Galegas no ano 2013 ao autor, director e actor teatral Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002)

O dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño foi un dos artífices da profesionalización do teatro galego, coa creación da primeira compañía, o Grupo Antroido. Ademais de con Antroido, tamén traballou co Centro Dramático Galego (CDG) e coa súa compañía propia, Teatro do aquí.

Vidal Bolaño foi actor, director e escritor de teatro, mais, en xeral, tamén un axitador cultural.

Entre as súas obras teatrais escritas pódense sinalar, entre outras, Laudamuco, señor de Ningures (1976), Bailadela da morte ditosa (1980), Agasallo de sombras (1992), As actas escuras (1994), Doentes (1998), A ópera de a patacón (1998) ou Animaliños (2003), moitas delas, ademais de escritas, tamén dirixidas por el mesmo ou levadas aos escenarios por diversas compañías.

FONTES: CTNL e O BLOGUE DE CARLOS CALLÓN

SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: RAG ou aquí: EL PAÍS

Chuzame! A Facebook A Twitter